“Eu reivindico a Galiza cordial, o bilingüismo cordial, a Galiza onde falamos español e castelán e onde o que nos interesa é aspirar a falar inglés”, dixo o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, nun acto do Partido Popular decorrido na sexta feira, 17 de decembro, en Abegondo e diante do líder estatal da formación, Pablo Casado.
Feixoo deixou atrás o galego, nin mención fixo ao idioma propio da
Galiza. Un "lapso", presumibelmente, que chega nun momento en que se
suceden informes de múltiples institucións críticos coa política
lingüística da Xunta da Galiza, como o publicado en outubro pola Real Academia Galega, que evidencian o "efecto desgaleguizador" do ensino no país. (...)" (Nós, 18/12/21)
No hay comentarios:
Publicar un comentario