Mostrando entradas con la etiqueta p. Suso Lista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta p. Suso Lista. Mostrar todas las entradas

2/3/10

Pues vaya con lo políticamente correcto... no se va a poder decir eso de que eres más tacaño que un catalán

"Suso de Toro, analista político y autor de Andar tropezando, cree que se trató de una "ofensa individual y personal a cada gallego". Una actitud, a su juicio, "propia de esta señora y de importantes sectores del Partido Popular, cuyo nacionalismo españolista se basa en el desprecio por los otros".

Díez definió en una entrevista al presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, como un "gallego en el sentido más peyorativo del término", la misma definición —aunque sin el "más"— que le dedicó en su día al jefe del Ejecutivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo. "Lo más importante es el desprecio, la ofensa de carácter racista. Esta señora practica un nacionalismo centralista y españolista que se basa en el desconocimiento y el desprecio por los otros. Ha visibilizado simplemente esa política constante contra los nacionalistas y que, en realidad, excluye a vascos, catalanes y gallegos. Lo hizo visible, se le escapó", asegura De Toro." (Público, 01/03/2010)

Nota: Hombre, Suso... que Rosa Díez es vasca ¿Será que quiere autoexcluirse de la vasquidad?


10/12/09

Los gallegos...

(traductor gallego-español)

"Manolo de Nésimo, sabe moito, pero co que non sabe, cárgase un barco moi grande. Porque aínda sendo moi sabiondo, neste mundo de salseeiros, nunca un, por moi longa vida que teña, chega xamais ao Doutorado. Non lle vale de nada a Conrado Saborido, saber a morte da xente con cinco minutos de antelación, porque, desde que anunciou sendo moi novo, a morte de catro seguidos, prohibíuselle terminantemente dicir un chío sobre o xa inapelable golpe do destino. Total, con cinco minutos xa non se podía facer nada, e mesmo que foran tres días, porque o que Conrado enterraba, morto estaba.

Ramón das Bardas, sin saber ler nin escribir, sabe en cambio, en que día da semana vai caer calquera Santo que lle preguntes; pero iso, pra ir cas vacas pro monte, non é de moita utilidade. E todos os que a Ramón coñecemos témolo polo mais listo, polo que deducimos os que non sabemos nada, que a listeza non ten que ver ca utilidade. Porque a Ramón nunca lle preocupou nada do mundo que non fose en que día da semana ía caer o dia de Santo Nombre de dentro de dous, ou dezasete anos.
Machón do Peludo, sabe exactamente a clase de peixe e os quilos que vai pescar, e esa facultade, permítelle vendelo antes de botarse ao mar na súa chalana “Tildita”. Pero Machón sendo pequeno, namorouse da Asturiana que viña retratada nas botellas de anís, e levaba pro mar catro botellas que situaba nas aletas e nas amuras da embarcación pra tela, (a Asturiana) sempre a vista. Pero iso solo, non tiña por que afectar a vida de Machón, se non fose, que o condenado, baldeiraba tódolos días que ía ao mar, as catro botellas, pra, según el, coñecela ben polo ulido, cando un día non moi lonxano, dándolle aos remos sen parar, chegase a Xixón, e alí pedila oficialmente pra casar. E precisamente por culpa do perfume da Asturiana, o peixe que efectivamente pescaba Machón, chegaba a terra case sempre desfeito de pisar por riba del, polo que Machón tiña que devolver os cartos ou volver ao día seguinte pro mar, cas catro Asturianas, e así, levaba toda a vida, que xa eran cincuenta anos, pensando, que a mais tardar en dúas semanas, xa estaría no Musel, do ganchete da que ía ser a nai dos seus fillos, os Peludiños.

Aínda que agora é vella, Tía Dolores dos Mostrengos, foi moza, e sendo moza por ser probe, nin roupa de loito tiña cando lle finou seu pai, polo que tintou os trapos que tiña para vestir co borro das tripas dos pulpos. E como consecuencia do perpetuo pingo das nubes e do mar, o borro marchaba cada día, e durante os dez anos que lle durou o loito por seu pai, día a día, sen faltar un, Tía Dolores, como Penélope, reconstruía o desfeito do día antes. Pero xusto o día antes de cumprir os dez anos, morrío o seu Ulises, Xisco Chosco. E despois unha tía, e aínda ca tía quente, un primo carnal, e así, ano tras anos e xa van noventa, Tia Dolores, non sabe outra cousa que tintar a roupa co borro dos pulpos, pero isto, hai que recoñecelo, sabeo facer mellor que nadie no mundo.

E así, con mais sabedoría que na propia Atenas nos mellores tempos Clásicos, discorre a vida de estas xentes, sen que a ninguén se lle dea nunca por dicir, “ solo sei, que non sei nada”, Porque é certo que ninguén sabe nada. Tan certo, como que o Día de Santo Nombre vai caer en Sábado. " (SUSO LISTA, PERCEBEIRO DO RONCUDO, 01/12/2009)

26/1/09

Vida despois da morte


"
Onofre Leira, leva toda a súa vida matando. Quero dicir, matando animais; non vaia ser que a xente pense, que mata tamén persoas. Aínda que según propias testemuñas, mais de trinta ou corenta veces, se vío tentado de facelo, xa que moitas veces, os animais que el mataba, demostraron moita mais humanidade ca certas persoas achegadas. Unha de estas persoas inhumanas, foi seu propio irmán, que desde moi novo, non dudou en mentir nin en falsear realidades, para beneficiarse, non solo das caricias de súa nai, senón que tamén utilizou a mentira, para que Onofre levara todas as hostias, zapatillazos e escobonazos posibles cando súa nai necesitaba da violencia para desfogar a violencia con que ela era tratada polo seu home. Vivío Onofre en un continuo estado de alerta, ante a nova mentira de seu propio irmán, e foi de este xeito, cando tendo sete ou oito anos, empezou a frecuentar a casa e a compañía de Luís o Loubán, a sazón o matachín mais famoso de toda esta bisbarra e parte das limítrofes. Contábase do Loubán, que tiña incluso matado algún porco, sin necesidade de estar fisicamente no lugar; solo con enseñarlle unha foto do porco en cuestión, e ao porco outra do Loubán, o porco morría no prazo de media hora sen remisión. Onofre, empezou matando os gatiños da camada da gata do Loubán, pero isto, fíxoselle aburrido as tres ou catro camadas, polo que en pouco tempo empezou a familiarizarse xa directamente cos coitelos e martelos do seu mentor. Despois dos gatos, comezou as prácticas co martelo, que no futuro utilizaría para sacarlle o sentido a os becerros, antes de acoitelalos, e foi así, como se estivera a Deus rogando, como foi co mazo dando, primeiro algún insecto, e despois directamente xa algún conexo, can e calquera animal que se lle puxese a tiro. Co coitelo non empezou hasta que collío uso de razón, que como ben sabedes, cóllese nada mais facer a primeira comunión, polo que tampouco estuvo tanto tempo sin acoitelar cousas con vida. E así foi transcurrindo a vida de Onofre, que desde os catorce anos, foi o matachín oficial, despois de que o seu mestre, aparecese un día colgado de un pino. Conta no seu corricalo con tresmil oitocentas trintatres mortes de porcos, setemil conexos, dousmil seiscentos vinte cabritos, e dous mil trescentos cincuenta e catro becerros, así como tamén despelexou e torou mais de trescentos porcos bravos. Certo é que outros animais, como raposos, cervos, porcos teixos, e unha xirafa do Circo Marina, non se contabilizan por ser cousa aparte da súa profesión, pero por estes lares, sábese que nin as pragas de Exipto mataron tanto como Onofre matou. Pero os anos foron pasando e Onofre non ten xa relevo, por que ninguén agora quere matar, polo que cada día vémolo pasar pola rúa ca cabeza baixa e o pensamento lonxe, triste, apático. Onte foi o último dia que Onofre paeou a sua tristura polo pobo, xa que hoxe a primeira hora da mañá, a nova corrío como un regueiro de pólvora. Onofre, matouse a si mesmo. Cravouse un coitelo no corazón, e recollío toda a súa sangre nun caldeiro, para que o primeiro que o atopase, puidera facer unhas morcillas únicas no mundo. Asique xa nos estamos preparando, para que en uns dias, os amigos e achegados de Onofre poidamos rendirlle o último tributo. Dioloteña na gloria" (Suso Lista, percebeiro do Roncudo)

17/6/08

Nordés

“Podería darvos tres ou catro novas, das que, seguramente dudaríades da súa veracidade, e, por iso mesmo non vos vou dicir ningunha. Digamos que algunha de elas, e case que incrible por non dicir, case imposible. Pero deixémolo estar así, e deixemos que sea o tempo o que pouco a pouco, vaia deixando escapar como se de gotas que caen da tella se tratasen, estas novas que seguramente cambiaran o mundo, ou polo menos o meu mundo, que ao fin e ao cabo, é o único mundo que existe para min, xa que participo de el. Hoxe tan soio dicir, que, como podedes comprobar, podo escribir. Isto de por si, xa é un mérito moi grande, por que tal e como sopra o Nordés, faise tarea titánica para un habitante desta Terra do Mar. Por que deberiades de saber que é co Nordés forte, cando as xentes de esta parte do Fin do Mundo, non saben sequera onde teñen a man dereita, e, por veces, nin sequera saben se o que teñen son mans ou son aguillóns velenosos. Desde logo, a taxa mais alta de suicidios, pasa cando o Nordés sopra durante mais de seis ou sete días, tal e como pasou no ano 1922, en que este vento asolou esta Costa durante tres meses seguidos. Mais de cincuenta suicidios nun pobo de trescentos habitantes, e, se non se suicidou mais xente foi, por que non hai aquí costumbre de aforcarse ca corda na que outro se aforcou, e por iso mesmo, ao acabarse as cordas e os adivais na tenda dos Efectos Navais, e tampouco ser costumbre pra xente que vive do mar, afogarse querendo, pois salvouse bastante xente, aínda que os que non puideron facelo, quedoulles desde aquela, un algo que os facía raros, se aínda se pode ser mais raro aos ollos dos que esta terra descoñecen. Por iso mesmo é, que desde aquel ano lonxano no tempo pero cercano nos efectos, cando pasan de vinte dias de Nordés, as familias das casas todas, tecen elas mesmas as cordas que, chegado o caso, faceran que ninguén quede neste mundo ao seu pesar.” (Escrito por Suso Lista: percebeiro do Roncudo)

31/5/08

Como os médicos non poden curar moitas cousas... decía o do Cu Chantado

“MILAGRES

Non hai Santo ou Santa milagreira que Clodoveo, deixe de visitar tódolos anos. Chega incluso a viaxar a tres sitios no mesmo dia se é que coinciden na celebración. Santa Minia, San Orente, San Adrián, os Milagres de Caión, San fins do Castro, O Faro de Brancorme, A Virxen da Estrella ou a Fonte dos Remedios, entre outros centos de elas , son destino ineludible de este Clodoveo, quen, a pesar de todos os intentos por poñer remedio aos seus males, nunca conseguío mais ca maniotas ou algún que outro resfriado de pasar nos camiños días enteiros papando sol, choiva frío, calor, ataques de cans, e todo o que pode acontecer a quen pasa a vida neses camiños de Dios. Empezou moi novo Clodoveo, este perpetuo peregrinaxe, da man primeiro de súa avoa, despois de súa nai, súa irman mais nova, a ahora, da súa muller, porque aínda que non o pareza, son sempre as mulleres as que mais confían nestas cousas, e son elas as gardiáns das costumbres e das tradicións. E todo empezou porque aínda antes de andar, Clodoveo parecía trenco, e todo o mundo sabe, que as desgrazas do corpo empezan por cousas pouco importantes. Levárono a dar unhas fregas con aceite de eiruga a Meiga de Baíñas, e efectivamente, curáronlle a s pernas trencas, pero o pouco de esta cura, empezou Clodoveo a quedar durmindo cos ollos abertos, co que súa avoa pensando que estaba tolo, levouno ese mesmo ano a romaría de Santo Torán, donde tódolos tolos van. E desde esa, xa como se de unha droga se tratase, empezaron a ter necesidade continua de ir a canta curandeira meiga ou romaría de milagres houbese. Sempre lle escudriñaban o corpo as mulleres da súa casa por ver cada grano, cada enruga, cada uña, para ter xustificación para o próximo peregrinaxe. Na que sempre repetían desde que Clodoveo cumplío trinta anos, foi na Pedra Picuda de Carballo, pedra esta, que ten o don de curar as almorranas, pero que ninguén se explicou nunca por que con Clodoveo nunca funcionou, hasta que Clodoveo, sin que súa muller se enterase, foi ver a un médico, e este desvelou o secreto que Clodoveo gardaba na parte por donde se empezan os cestos; era unha fístula, e, polo tanto, non entraba nas indicacións da Picuda. Operouse, pero mantendo o segredo a súa familia, xa que era imposible que entendesen, que os médicos puidesen curar algo, para o que desde que o mundo era mundo, estaban os milagres. Acordou co médico levar o tema da operación co máximo sixilo, e decidiron, que o mellor sitio para operalo era, nun pinar moi frondoso que había no camiño da Barca de Muxía, e así foi. Clodoveo morrío desangrado nese mesmo pinar, pero aínda hoxe se pensa que tivo a desgraza de ao ir a cagar, caer encima de un carabullo con tan mala sorte, que o que para outro non era mais ca un pequeno contratempo, a el, custoulle a vida. O sitio donde deixou todo o seu sangre chámase hoxe, o Pinar do Cu Chantado” (Tomado de: SUSO LISTA, PERCEBEIRO DO RONCUDO)

27/2/08

Pobriño...

"Chuco da Fontaiña, sempre pensou ben de todo o mundo. De moi novo, xogando na praia, un rapaz que con el estaba, arreboloulle un xeixo, con tan mala sorte, que lle sacou o ollo esquerdo. Os pais de Chuquiño, desesperados pola tara que para sempre ao fillo lle quedaba, decidiron ofrecelo a Santa Lucía, por ver se da mesma forma que os raios arrancados lle medran aos pulpos, ao seu neno lle volvía o ollo o sitio. Como era presumible, aínda que nesta terra xa se teñen visto cousas mais marabillosas, nunca Chuco volvío a ter ollo, non sendo un de cristal que lle compraron, tres anos mais tarde, na feira de Leiloio, cando xa se renderan a evidencia que iso non o arreglaba nin Santa Lucía nin San Antonio patrón dos imposibles. Quedaba pois, Chuco como un Polifémo da Costa da Morte, soio que Chuco, como dixen antes, non comía a ninguén. Lonxe de iso, el botáballe a culpa da súa desgraza ao xeixo, e non a quen llo arrebolou. Pasaron os anos, e un día petou na súa porta un home que se fixo pasar por un náufrago de un barco de vapor, e Chuco, sin mais, doulle cama e comida, así como cartos por se tiña que coller o coche de liña ao día seguinte. Cando cantou o galo, vío Chuco, que a súa casa fora baleirada durante a noite, non quedando dentro mais ca súa cama e un cadro de seus avós o día do casamento, xuntamente co cristo que tódalas casas teñen enriba de cada cama. Cando lle preguntaron, que fora o que acontecera, Chuco explicaba, que posiblemente aquel home, perdera o mobiliario no naufraxio, e que necesita o seu e os seus cartos para, probiño, empezar de cero alí donde el vivise. Pasáronlle moitas mais cousas a Chuco, pero el, sempre pensaba que a xente era boa. Mexábanlle dentro da olla do caldo, cuspíanlle pola rúa, botábanlle borras na roupa ao clareo, e hasta a roupa que tiña tendida no seu balcón, con unha tea, queimáronlla todiña. El, nada; dicía que a culpa era do tello da olla que non tapaba ben, ou do vento que levaba as borras, ou mesmo do lume que era sabido que as pedras non as queimaba, pero a roupa e o papel, si. Matárono un mal día, por cachondearse del, pegándolle con un sacho na cabeza, e el, xusto antes de morrer, díxolle ao seu matador, que tiña que comer mais, xa que caéralle o sacho da man por ter pouca forza, e que lle perdoase, por mancharllo tanto de sangre. Ninguén chorou, e enterrárono sen mais, e a vida continuou como era normal, aplicando para sempre o refrán “Pensa mal, e acertarás” (Suso Lista, percebeiro do Roncudo)

21/2/08

Será...

“Feliso Couto, planificaba sempre o sitio a donde iba ir pescar, planificaba a miñoca que iba apañar para usar de carnada, e por si eso era pouca planificación, planificaba incluso o peixe que iba pescar e os cartos que iba facer de vender ese peixe. Pero non creades que Feliso planificaba polo baixo, non, panificaba sempre con moi altas miras, e cando a realidade poñía a Feliso no sitio que lle correspondía, entraba Feliso nunha depresión, que por certo, nunca entraba nos seus plans. Ainda hoxe podemos ver a Feliso, polo muelle intentando vender o peixe antes de ir pescalo, cousa esta a que xa as xentes de por aquí, sabedores da cuestión, non lle prestan moita atención, por non decir ningunha, xa que todo mundo sabe, que planificar unha caldeirada co peixe que pesque Feliso, é sinónimo de quedar sin comer; polo que moi ben entenderedes, que aquí cada vez menos xente, planifique cousa ningunha, total, o que teña que ser, será”. (Suso Lista, percebeiro do Roncado)

9/2/08

Dosindo, ladrón de berzas

“Xa hai que ser malpensado, pra pensar, que o sol alumbra pra que todos vexan como él, Dosindo, lle rouba as berzas aos seus veciños. Pero ainda que vos extrañe, asimismo é, e como se poseido se encontrase, anda este pobre home todolos dias maldecindo ao astro rei.

-¡Caghonosol!-di el- mentras os veciños corren a trás del pra que deste xeito, ao correr, as berzas que do coleiro arrancou, lle vaian caendo unha a unha coma as fungallas de pan de Hansel e Grettel. Dosindo é boa persona pero ten este pequeno defecto, o de roubar, que posiblemente nunha gran urbe, pasaría como cousa normal, pero aquí, donde todo é minimo e pequeno, intilixencia incluída, ven sendo unha cousa que ninguén está disposto a soportar, mais ca nada, porque soportalo sería visto como unha debilidade, e aquí o que é debil, logo queda co cú o aire. De feito a única debilidade que por aquí se contempla é, a de deixarse roubar, ainda que sea a merda que un caga; pola contra, o mentir, engañar, traicioar, matar, abandonar, envenenar, vilipendiar, humillar, difamar e outras polo estilo, están vistas como cousas que fan a un, moito mais agradable a vista dos veciños e sobre todo, fano mais forte e respetable. Dosindo ten mala sorte, porque de esto último non fai nada, el sólo rouba berzas, fabas e patacas e por riba, nunca consigue levar pra sua casa nin siquera unha berza nin moito menos unhas fabas,e tampouco unha pataca. Pero é un ladrón, sin botín, pero un ladrón o fin e o cabo. Hai quen dí que é por vicio, hai quen dí que é unha enfermedade, pero Dosindo dí que non é unha cousa nin outra, que sólo é porque ao non ter horta, nin ter cartos, non lle queda outra, xa que o que mais lle gusta neste mundo é o caldo de berzas, que morre por el, que sinte unha atracción irresistible por este manxar, que desde que era unha criaturiña de brazo, foi quen de mantelo vivo, xa que sua nai, pobre, non tiña leite nas tetas que darlle de tanta fame que pasaba, e o pouco que repañaba, era pra facer aquel caldiño, co que criou a Dosindo. E así, é a vida –por chamarlle algo- de este home, que día tras día, maldice ao sol que o alumbra a el, e aos que o persiguen, por ser Dosindo un ladrón, e eles mismos, boa xente.” (Suso Lista, percebeiro do Roncado, 31-01-08)

31/1/08

Os portentos dos mariñeiros de Corme

“Aquel día, Valero estaba sentado no muelle, e coma quen non quer a cousa, vai e dí:

- ¿De quen será aquela galiña que hai na plaia de Laxe?

Os que alí estaban, miraron uns pra os outros, pensando que a Valero lle dira demasiado o sol na cachola, xa que desde onde eles estaban, esa fermosa plaia quedaba a unhas tres millas marinas de distancia, e recomendaronlle poñer a boina, cousa que se facía cando se quería dar a entender que algo fallaba na azotea. Valero, sin inmutarse siquera mirou de reollo pra eles e contraatacou decindolle:

-Non me digades que non a vedes; ¿estadesme tomando o pelo?, porque decireivos que non sólo vexo a galiña, senón que ainda vos conto os pitiños que leva atrás- e dito esto ponse a contalos-, -un, dous, tres...seis, leva seis pitos con ela-espetoulle-. Ese foi o primeiro dos portentos de Valero, a sua gran vista, demostrada a partir de aquel día miles de veces, e foi precisamente a súa portentosa vista, a que fixo que, como unha fiebre, empezara a correr polo pueblo a proba a todos e cada un dos veciños por ver –e nunca millor dito- se tamén tiñan esa maravilla nos ollos. Pero vaites que Valero, desde a a punta do Cabo Roncudo, poñíase a ulir, e sabía o que se iba cociñando nos barcos que pasaban a dez ou vinte millas de distancia, e sabíao tan ben, que nin siquera se trabucaba na cantidade de sal ou azucar que levaba

-Ahí van tomando tres o café con duas cucharadas de azucar, menos un que tamén leva leite condensada...non sei como lle pode saber ese café tan dulce...ainda lle han de caer os dentes.

Foi alí precisamente, donde ao pouco tempo, montou Valero unha escola de cociña internacional, e mentras el iba decindo os ingredientes, os alumnos apuntaban cada cousa e cada cantidade que Valero decía. Hoxe, como moi ben dixen antes, a maioría das xentes do pueblo, despois de descubrir cada un o seu propio portento, non teñen que andar xogandose a vida nun barco nin nunha chalana, e gracias a Valero, hoxe todos aquí podemos disfrutar de un moi bo nivel de vida.” (Suso Lista, percebeiro do Roncado: un portento)