20/4/09

Cádaver, luego difunto que va penando por no haber podido estudiar... nada del otro mundo, en Santiago

(traductor gallego-castellano)

"Todo ocorre nunha atmosfera moi lograda de suspense, malia aos chivatazos algo resentidos dos repetidores, cando o Maestro, que parece emprender unha nova excursión cara á periferia da tarima, xira bruscamente e, con xesto algo teatral, tira do pano: entón aparece o cadáver. É un home de baixa estatura e forte constitución, coas mans robustas de traballador manual, e conserva aínda o contraste cromático na pel dos que andaron sempre na faena ao aire libre. Ten unha boa cabeza, fronte olímpica e amplas entradas, as comisuras da boca vencidas, tal vez máis polo pesadume da vida que polos estragos do formol. Os ollos entornados, semella moi atento ás palabras do profesor. Incluso parece algo orgulloso do seu involuntario protagonismo póstumo. De seguro que levou unha vida ingrata e anónima. É, pois, un paisano.

Na cea comentei coa patroa a miña impresión tan intensa, malia a experiencias mortuorias anteriores. (...)

-Bueno filliño, es que no te son exactamente lo mismo los cadáveres que los muertos o que los difuntos. La impresión que producen es, también, distinta. (...)

Ao día seguinte, un xoves radiante, era feira, a miña primeira feira, agardada coa máxima ilusión. (...)

De súpeto, cando xa estaba eu entregado por completo a aquela eclosión de vida, volvino ver: ao paisano da clase de Anatomía, ao cadáver. Agora iba coa típica chaqueta de pano marrón e tiña un aire algo espectral e onírico, pero levaba aínda as pinturas de Echeverri. Reprimín como puiden o xesto de asombro ante semellante aparición. (...)

A feira, claro, xa rematara para min porque aquilo tiña que contarllo axiña á miña patroa. Subín de tres en tres a escada peraltada polo peso dos seus 400 anos da miña pensión da rúa das Orfas. E dona Mercedes deixou a calceta:

-Eso es que ahora ya no es cadáver: pasó a difunto... Y hay gente que los ve. Mi hija Angelines, sin ir más lejos, vio uno hasta que acabó la carrera. Dicen que son almas en pena por no haber podido estudiar. Pero no se meten con nadie y lo poco que hablan es en latín. Puedes estar tranquilo, filliño, que eso no te es nada del otro mundo, aquí en Santiago.

Non cabía dubidar dos ditames de dona Mercedes, e resigneime a ter un novo compañeiro de clase, segredo e difunto; ao fin e ao cabo, pensei, esta cidade tamén naceu dunha tumba.(...)

O Paisano era un asiduo da facultade. Dito xa que seguía con aparente atención as clases de Anatomía cando, digamos, estaba de corpo presente, mostrouse igualmente interesado en Técnica Anatómica, onde ía dunha mesa a outra, con certas mañas de repetidor, e sobresaltábase coma todos coas fintas de Quintáns á hora de facer preguntas, mostrándose mais relaxado cando era Navarrina o preguntador." (Ángel Vázquez de la Cruz: Santiago no Camiño, el País, ed. Galicia, Galicia, 17/04/2009, p. 10)

No hay comentarios: