31/1/08

Os portentos dos mariñeiros de Corme

“Aquel día, Valero estaba sentado no muelle, e coma quen non quer a cousa, vai e dí:

- ¿De quen será aquela galiña que hai na plaia de Laxe?

Os que alí estaban, miraron uns pra os outros, pensando que a Valero lle dira demasiado o sol na cachola, xa que desde onde eles estaban, esa fermosa plaia quedaba a unhas tres millas marinas de distancia, e recomendaronlle poñer a boina, cousa que se facía cando se quería dar a entender que algo fallaba na azotea. Valero, sin inmutarse siquera mirou de reollo pra eles e contraatacou decindolle:

-Non me digades que non a vedes; ¿estadesme tomando o pelo?, porque decireivos que non sólo vexo a galiña, senón que ainda vos conto os pitiños que leva atrás- e dito esto ponse a contalos-, -un, dous, tres...seis, leva seis pitos con ela-espetoulle-. Ese foi o primeiro dos portentos de Valero, a sua gran vista, demostrada a partir de aquel día miles de veces, e foi precisamente a súa portentosa vista, a que fixo que, como unha fiebre, empezara a correr polo pueblo a proba a todos e cada un dos veciños por ver –e nunca millor dito- se tamén tiñan esa maravilla nos ollos. Pero vaites que Valero, desde a a punta do Cabo Roncudo, poñíase a ulir, e sabía o que se iba cociñando nos barcos que pasaban a dez ou vinte millas de distancia, e sabíao tan ben, que nin siquera se trabucaba na cantidade de sal ou azucar que levaba

-Ahí van tomando tres o café con duas cucharadas de azucar, menos un que tamén leva leite condensada...non sei como lle pode saber ese café tan dulce...ainda lle han de caer os dentes.

Foi alí precisamente, donde ao pouco tempo, montou Valero unha escola de cociña internacional, e mentras el iba decindo os ingredientes, os alumnos apuntaban cada cousa e cada cantidade que Valero decía. Hoxe, como moi ben dixen antes, a maioría das xentes do pueblo, despois de descubrir cada un o seu propio portento, non teñen que andar xogandose a vida nun barco nin nunha chalana, e gracias a Valero, hoxe todos aquí podemos disfrutar de un moi bo nivel de vida.” (Suso Lista, percebeiro do Roncado: un portento)

No hay comentarios: