"Un operativo da Garda Civil achou un pé enterrado nunha leira próxima á
vivenda da veciña de Cortegada que recoñeceu que queimara o cadáver dun
home ao que coñecería a través de internet.
Segundo fontes consultadas por Europa Press, no dispositivo
participaron diversos axentes e cans adestrados co fin de rastrexar
restos humanos no punto no que a muller indicou que enterrara o cadáver
calcinado. En concreto, o pé foi achado nunha leira anexa á súa vivenda, na zona de Rabiño.
A Garda Civil investiga un caso en Ourense para determinar se se rexistrou un crime despois de que esta veciña de Cortegada, de 26 anos,
afirmase este luns nunha consulta de Psiquiatría no Complexo
Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que queimara o cadáver dun
home ao que coñecería a través de internet.
A muller trasladou no marco da súa consulta médica que atopou ao home
morto na súa casa e que, debido aos nervios, decidiu, co fin de
ocultalo, queimar o seu cadáver e enterrar parte dos restos, mentres que
outra parte lanzounos ao río.
As fontes consultadas por Europa Press ratificaron que a muller acudiu
na pasada xornada a unha consulta de Psiquiatría do CHUO e que, unha vez que trasladou na mesma a súa versión dos feitos, que se remontarían ao pasado agosto, activouse o protocolo habilitado para casos deste tipo.
Así, notificouse ás autoridades o sucedido, que lle tomaron declaración
antes de proceder a rexistrar as propiedades da muller. A Garda Civil
busca restos do cadáver do home, que se desprazou desde Cataluña ata
Cortegada para coñecer á moza o pasado verán, despois de que ambos
establecesen contacto a través de internet. Os familiares perdéronlle a pista e presentouse unha denuncia en Cataluña pola súa desaparición.
O caso está baixo segredo de sumario e instrúeo o Xulgado que o instrúe
é o de Ribadavia. A muller, que na súa versión manifestou que se
limitou a queimar o cadáver do home ao que atoparía morto, está pendente
de pasar a disposición xudicial." (Galicia Confidencial, 21/12/21)
4/5/22
Encontrado un pé xunto á casa da muller de Cortegada que recoñeceu ter queimado o cadáver dun home... un manexo moi pouco profesional
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario