17/3/22

Feijóo: "Madrid ama a liberdade, e por iso quero volver vivir en Madrid"... ben dito... o que lle pasa e que os galegos vivimos na dictadura de Feijóo e comprendemos que quera liscar dela... a tomar viños na capital, ou o que seña, en liberdade, mira ti o pailán

 "O aínda presidente da Xunta de Galicia e único candidato á presidencia do PP, Alberto Núñez Feijóo, loou Madrid e expresou o seu desexo de volver vivir nesta cidade nun acto celebrado este martes, 15 de marzo, xunto co alcalde da capital, José Luis Martínez-Almeida, e a presidenta da Comunidade, Isabel Díaz Ayuso. 

"Volverei vivir en Madrid e comprobarei que non mudou, que Madrid é unha cidade acolledora e aberta, un lugar próspero que ama a liberdade, e por iso quero volver", expresou ao carón de Díaz Ayuso, de quen enxalzou a "entereza e solvencia" da súa xestión da crise sanitaria da Covid que o deixou "impactado para sempre". Feijóo destacou, así mesmo, o "tándem electoral" formado por Almeida e Ayuso, concepto semellante ao que empregou tamén o propio alcalde da capital para se referir a Ayuso e Feijóo, dado que considera que "se entenden" e teñen "boa sintonía".

Nas redes sociais non se fixeron agardar as críticas ao presidente da Xunta pola súa intención de instalarse en Madrid e por utilizar o discurso da liberdade que tanto aproveita Ayuso. Aos tuiteiros do común fóronse sumando figuras da política galega, como Ana Pontón e Gonzalo Caballero. (...)"            (Galicia Confidencial, 16/03/22)

No hay comentarios: