"Pode que hai uns anos ser bloguer ou community manager fose xa máis suficiente para ser máis ou menos cool e moderno. Si, era o tempo na que a xente moderna era toda blogueira. Ou algo así.
Agora, anos despois, todos eses perfís están un tanto demodé.
Non é que xa non sexan precisos os community managers ou os blogueiros
(que o son), é que son xa demasiado comúns. Pasoulles o que lle
aconteceu ao 2.0, que quedou rapidamente na lista das cousas que xa non
eran novidosas.
As novas profesións das redes sociais son novidosas, estrañas, sorprendentes
e, ás veces, desas que che fan sentir un pouco mal por pensar que son
algo delirante (porque che fan pensar se non te estarás convertendo
nunha señora que mira con malos ollos todo o que cheira a moderno…). É o
que acontece coa nova incorporación ao listado de traballos do século
XXI do universo dos social media, a nanny para Instagram.
O nome exacto da nova profesión é o de “Instagram-Sitter” e os inventores foron os responsables da cadea de hoteis Ibis. Ibis lanzou este mes nos seus hoteis en Xenebra e Zúrich o servizo Relax we post, que deixa en mans dun influencer de Instagram a actividade na conta
durante os tempo contratado. É dicir, ti pagas (a partir de 90 francos
suízos por persoa con noite de hotel, almorzo e Instagram-sitter, algo
así como 80 euros) e un influencer é o que se encarga de subir a
Instagram as fotos perfectas das túas vacacións.
Os
responsables da cadea de hoteis falan na nota de prensa de presentación
dun servizo “absolutamente único” e que con iso ofrecen una
“experiencia memorable aos clientes”. Os influencers contratados
(coñecidos en Suíza) subirán stories, fotos e vídeos, todo iso si cun
hashtag que identifica que foron o traballo do Instagram-sitter
(#postedbysocialmediasitter, como descubriron en Quartz
lendo na letra pequena). Antes de comezar o tempo do encargo, o cliente
pode dar algunhas recomendacións sobre o que máis ou menos quere ou
espera. Así, o Instagram-sitter saberá que expectativas ten o seu
cliente. (...)" (Disquecool, 29/11/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario