"Segundo informou a Garda Civil, axentes de Verín detiveron ás 1,40
horas deste martes a este veciño de Oímbra, que responde as iniciais
A.A.G., como presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de
drogas.
O detido foi localizado nunha pista forestal próxima ao seu domicilio
conducindo un tractor no cal transportaba as 21 plantas de marihuana e
que, por tanto, eran visibles no remolque do vehículo agrícola.
Cando observou aos axentes, o agora detido tentou darse á fuga. Unha
vez interceptado, relatou aos axentes que ía cambiar as plantas de leira
posto que sabía que localizaran a súa plantación. Leva o caso o Xulgado
dous de Verín." (Galicia Confidencial, 17/07/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario