(traductor gallego-español)
"A consulta popular que tivo lugar esta fin de semana en Aríns (Compostela) saldouse cunha vitoria esmagadora da opción a prol de probar "algo completamente diferente", en lugar de seguir a ser "unha colonia como nos últimos 525 anos". O referendo, organizado por Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos, tivo, así e todo, unha escasa participación.
O escrutinio rematou con 28 votos a favor e ningún en contra na urna para maiores de 18 anos e cun voto a favor e ningún en contra na urna para menores de 18 anos. O proceso máis longo foi o escrutinio do voto por correo, que concluíu con 52 votos emitidos, dos que 48 se posicionaron a prol de "algo completamente diferente" e catro foron declarados nulos, por chegaren fóra de prazo.
Aínda que a organización da consulta evitou dar "mostras externas de alegría", por "cortesía institucional", non ocultaron dar chimpos. Na web de Sei o que... publicouse un vídeo coproducido con GZVídeos onde se amosa o desenvolvemento da histórica xornada de votación." (Vieiros, "Arins pronuncíase pola independencia, 06/10/2009)
No hay comentarios:
Publicar un comentario