“Podería darvos tres ou catro novas, das que, seguramente dudaríades da súa veracidade, e, por iso mesmo non vos vou dicir ningunha. Digamos que algunha de elas, e case que incrible por non dicir, case imposible. Pero deixémolo estar así, e deixemos que sea o tempo o que pouco a pouco, vaia deixando escapar como se de gotas que caen da tella se tratasen, estas novas que seguramente cambiaran o mundo, ou polo menos o meu mundo, que ao fin e ao cabo, é o único mundo que existe para min, xa que participo de el. Hoxe tan soio dicir, que, como podedes comprobar, podo escribir. Isto de por si, xa é un mérito moi grande, por que tal e como sopra o Nordés, faise tarea titánica para un habitante desta Terra do Mar. Por que deberiades de saber que é co Nordés forte, cando as xentes de esta parte do Fin do Mundo, non saben sequera onde teñen a man dereita, e, por veces, nin sequera saben se o que teñen son mans ou son aguillóns velenosos. Desde logo, a taxa mais alta de suicidios, pasa cando o Nordés sopra durante mais de seis ou sete días, tal e como pasou no ano 1922, en que este vento asolou esta Costa durante tres meses seguidos. Mais de cincuenta suicidios nun pobo de trescentos habitantes, e, se non se suicidou mais xente foi, por que non hai aquí costumbre de aforcarse ca corda na que outro se aforcou, e por iso mesmo, ao acabarse as cordas e os adivais na tenda dos Efectos Navais, e tampouco ser costumbre pra xente que vive do mar, afogarse querendo, pois salvouse bastante xente, aínda que os que non puideron facelo, quedoulles desde aquela, un algo que os facía raros, se aínda se pode ser mais raro aos ollos dos que esta terra descoñecen. Por iso mesmo é, que desde aquel ano lonxano no tempo pero cercano nos efectos, cando pasan de vinte dias de Nordés, as familias das casas todas, tecen elas mesmas as cordas que, chegado o caso, faceran que ninguén quede neste mundo ao seu pesar.” (Escrito por Suso Lista: percebeiro do Roncudo)
17/6/08
Nordés
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario