26/1/21

Dan por morta unha usuaria da residencia de Xove tras confundila con outra compañeira... O enterro celebrouse ao día seguinte, pero o ataúde permaneceu pechado, polo que a familia non puido darse conta do erro. Todo se descubriu cando a muller que deran por morta volveu ser trasladada ao xeriátrico

 "Unha muller usuaria da residencia San Bartolomé de Xove foi dada por morta, vítima do coronavirus, tras ser confundida coa compañeira de habitación. Un “erro de identificación” levou a que o pasado 13 de xaneiro se lle notificase o deceso á familia da anciá, mensaxe que non foi emendada ata trece días despois.

O incidente ocorreu no xeriátrico Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense), onde a Fundación San Rosendo -xestiona ambos os centros- dispón dunha planta para atender a usuarios de residencias diagnosticados de Covid-19. Ata alí desprazáronse o pasado 29 de decembro un total de once anciáns con coronavirus desde a residencia de Xove.

Estes traslados, explica a Fundación nun comunicado, realizáronse con ambulancias do Hospital de Burela e “co consentimento das familias e as consellerías de Sanidade e Política Social da Xunta”.

Entre os maiores desprazados atopábanse dúas mulleres que tiñan asignadas a mesma habitación e, por “un erro de identificación durante o proceso de traslado”, o 13 de xaneiro notificouse o falecemento dunha delas coa identidade equivocada.

O enterro celebrouse ao día seguinte, pero os protocolos da pandemia obrigaron a que o ataúde permanecese pechado, polo que a familia non puido darse conta do erro, segundo informan a Europa Press fontes municipais.

Todo se descubriu cando este sábado pola mañá, 24 de xaneiro, a muller que deran por morta volveu ser trasladada de Pereiro de Aguiar ao xeriátrico de Xove, logo de que recibira a alta da Covid-19. (...)"             (Xornal da Mariña, 24/01/21)

No hay comentarios: