30/7/18

Un veciño de Oímbra de 69 anos tentou fuxir da Garda Civil nun tractor cargado de marihuana

"Segundo informou a Garda Civil, axentes de Verín detiveron ás 1,40 horas deste martes a este veciño de Oímbra, que responde as iniciais A.A.G., como presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de drogas.

O detido foi localizado nunha pista forestal próxima ao seu domicilio conducindo un tractor no cal transportaba as 21 plantas de marihuana e que, por tanto, eran visibles no remolque do vehículo agrícola.

Cando observou aos axentes, o agora detido tentou darse á fuga. Unha vez interceptado, relatou aos axentes que ía cambiar as plantas de leira posto que sabía que localizaran a súa plantación. Leva o caso o Xulgado dous de Verín."           (Galicia Confidencial, 17/07/18)

No hay comentarios: