"Chuco da Fontaiña, sempre pensou ben de todo o mundo. De moi novo, xogando na praia, un rapaz que con el estaba, arreboloulle un xeixo, con tan mala sorte, que lle sacou o ollo esquerdo. Os pais de Chuquiño, desesperados pola tara que para sempre ao fillo lle quedaba, decidiron ofrecelo a Santa Lucía, por ver se da mesma forma que os raios arrancados lle medran aos pulpos, ao seu neno lle volvía o ollo o sitio. Como era presumible, aínda que nesta terra xa se teñen visto cousas mais marabillosas, nunca Chuco volvío a ter ollo, non sendo un de cristal que lle compraron, tres anos mais tarde, na feira de Leiloio, cando xa se renderan a evidencia que iso non o arreglaba nin Santa Lucía nin San Antonio patrón dos imposibles. Quedaba pois, Chuco como un Polifémo da Costa da Morte, soio que Chuco, como dixen antes, non comía a ninguén. Lonxe de iso, el botáballe a culpa da súa desgraza ao xeixo, e non a quen llo arrebolou. Pasaron os anos, e un día petou na súa porta un home que se fixo pasar por un náufrago de un barco de vapor, e Chuco, sin mais, doulle cama e comida, así como cartos por se tiña que coller o coche de liña ao día seguinte. Cando cantou o galo, vío Chuco, que a súa casa fora baleirada durante a noite, non quedando dentro mais ca súa cama e un cadro de seus avós o día do casamento, xuntamente co cristo que tódalas casas teñen enriba de cada cama. Cando lle preguntaron, que fora o que acontecera, Chuco explicaba, que posiblemente aquel home, perdera o mobiliario no naufraxio, e que necesita o seu e os seus cartos para, probiño, empezar de cero alí donde el vivise. Pasáronlle moitas mais cousas a Chuco, pero el, sempre pensaba que a xente era boa. Mexábanlle dentro da olla do caldo, cuspíanlle pola rúa, botábanlle borras na roupa ao clareo, e hasta a roupa que tiña tendida no seu balcón, con unha tea, queimáronlla todiña. El, nada; dicía que a culpa era do tello da olla que non tapaba ben, ou do vento que levaba as borras, ou mesmo do lume que era sabido que as pedras non as queimaba, pero a roupa e o papel, si. Matárono un mal día, por cachondearse del, pegándolle con un sacho na cabeza, e el, xusto antes de morrer, díxolle ao seu matador, que tiña que comer mais, xa que caéralle o sacho da man por ter pouca forza, e que lle perdoase, por mancharllo tanto de sangre. Ninguén chorou, e enterrárono sen mais, e a vida continuou como era normal, aplicando para sempre o refrán “Pensa mal, e acertarás” (Suso Lista, percebeiro do Roncudo)
27/2/08
Pobriño...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario