23/7/20

Un grupo de gaitas deixa de tocar para apagar un incendio en Santa Comba... “o caso foi que o cura fixo a misa igual”


"O grupo de gaitas “Axio Mouro” comezaba a tocar unhas pezas antes da misa pola festa do Carme no lugar de Bustelo, en Montouto (Santa Comba) cando viron de lonxe que había fume. “Pensabamos que era alguén que estaba a preparar un churrasco”, explica a Nós Diario Uxía, unha das compoñentes da formación musical.

Un dos gaiteiros desconfiou e foi ver que acontecía polo que se decatou de que era un incendio. “Volveu e chamou polos demais e dous veciños que axudaron”, conta Uxía, “o caso foi que o cura fixo a misa igual”, afirma.

Os bombeiros tardaron en chegar mais a rápida acción do grupo fixo que só afectara a dúas leiras. “Din que foi intencionado”, indica Uxía, “hai veciñas e veciños que teñen disputas, mais non se sabe seguro”, engade."                (Nós, 19/07/20)

No hay comentarios: